Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 696/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 696/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara de la Fuente Pose contra Fondo de Garantía Salarial e Bella y Asociados Restauración, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sara de la Fuente Pose contra a entidade Bella y Asociados Restauración, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Bella y Asociados Restauración, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.331,48 euros líquidos, por salarios devindicados en agosto e setembro de 2016, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Bella y Asociados Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza