Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de cambio de uso dotacional nunha parcela situada no ámbito do Plan parcial O Baño.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de abril de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

Aprobar o documento para cambio de uso dotacional nunha parcela de equipamento escolar por equipamento deportivo, de febreiro de 2018, redactado polo arquitecto Alejandro García Virosta, e, en consecuencia, suprimir a adscrición para equipamento escolar da parcela de referencia catastral 9416601NJ5191N, sita no lugar do Baño, cualificada como solo urbano. Polo tanto, autorízase o uso dotacional deportivo.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Mugardos, 10 de maio de 2018

María Pilar Díaz Otero
Alcaldesa