Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obras consistente na rehabilitación dun edificio para dúas vivendas de promoción pública na rúa da Tinería, nº 30, unidade edificatoria 150441, Lugo (expediente LU-2016/CH 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación dun edificio de dúas vivendas de promoción pública.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos once mil oitocentos corenta e un euros con quince céntimos (211.841,15 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): vinte e un mil cento oitenta e catro euros con once céntimos (21.184,11 €).

c) Importe total: douscentos trinta e tres mil vinte e cinco euros con vinte e seis céntimos (233.025,26 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 21 de maio de 2018.

c) Contratista: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e dous mil catrocentos trinta e sete euros con sesenta céntimos (182.437,60 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obras consistente na rehabilitación dun inmoble para unha vivenda de promoción pública na rúa Recanto do Miño, 11-13, U.E. 151210, Lugo (expediente C-2016/CH 02).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación dun inmoble para unha vivenda de promoción pública.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento cincuenta e seis mil oitocentos euros (156.800,00 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): quince mil seiscentos oitenta euros (15.680,00 €).

c) Importe total: cento setenta e dous mil catrocentos oitenta euros (172.480,00 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 14 de maio de 2018.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento corenta mil trescentos oitenta e un euros con oitenta e dous céntimos (140.381,82 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

C. Contrato de obras consistente na rehabilitación de dous inmobles para tres vivendas de promoción pública na rúa do Vilar, 3 e 5, Ourense (expediente OU-2016/CH 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación de dous inmobles para tres vivendas de promoción pública.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincocentos nove mil corenta e seis euros con trinta e seis céntimos (509.046,36 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): cincuenta mil novecentos catro euros con sesenta e catro céntimos (50.904,64 €).

c) Importe total: cincocentos cincuenta e nove mil novecentos cincuenta e un euros (559.951,00€).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 11 de maio de 2018.

c) Contratista: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

d) Importe de adxudicación: catrocentos corenta e oito mil seiscentos euros (448.600,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo