Notifícase ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo I, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social de esta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.
Ourense 28 de maio de 2018
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expte. |
Nº de acta de infracción |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
|
27/2018 |
I322018000004071 |
Gómez Vázquez Cafetería Nostrum, S.L. |
B32354094 |
R/ Alfonso R. Castelao, 16, baixo, 32004 Ourense |
7.5.2018 |
626,00 € |


