Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28329

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19.

BDNS (Identif.): 402154.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.

Segundo. Obxecto

Regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 13 de xullo de 2018 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2018 (este incluído).

2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario, entre o 17 e o 28 de setembro de 2018, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria