Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28232

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais.

60.000,00 €

4.4.2018

Convenio de colaboración coa Fundación +34

Atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade.

12.000,00 €

18.4.2018

Convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.

10.000,00 €

18.4.2018

Convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

2.500,00 €

18.4.2018

Convenio de colaboración coa Diocese de Ourense

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.

4.000,00 €

18.4.2018

Convenio de colaboración coa Diocese de Lugo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano Central Parroquial de Lugo.

2.500,00 €

18.4.2018

Convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Tui-Vigo.

2.500,00 €

18.4.2018

Convenio de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (Fevega)

Mantemento das oficinas de información e asesoramento dirixidas a emigrantes retornados en Ourense e Vigo.

35.000,00 €

19.4.2018

Convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil).

12.000,00 €

6.3.2018

Convenio de colaboración coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en São Paulo (Brasil).

12.000,00 €

6.3.2018

Convenio de colaboración coa Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Salvador de Bahia (Brasil).

7.000,00 €

6.3.2018

Convenio de colaboración coa Associação Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada en Rio de Janeiro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Rio de Janeiro (Brasil).

25.000,00 €

12.4.2018

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela).

50.000,00 €

11.4.2018

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Puerto de la Cruz

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz (Venezuela).

7.000,00 €

11.4.2018

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Maracaibo

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo (Venezuela).

7.000,00 €

11.4.2018

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia (Venezuela).

7.000,00 €

11.4.2018

Convenio de colaboración coa Casa de España en Rio de Janeiro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos alí residentes e para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Río de Janeiro (Brasil).

50.000,00 €

12.4.2018

Convenio de colaboración co Centro Gallego de México, Asociación Civil, México D.F.

Realización de obras de reparación da súa sede.

20.000,00 €

30.4.2018