Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica o requirimento para completar a solicitude de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2018/1197-3 e oito máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficiacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.

Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 15 de maio de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/equivalente

PR204A 2018/1197-3

Justo Alejandro Bello Rodríguez

15393521N

PR204A 2018/1207-3

Omar Antonio Infante Mesa

Y0477277H

PR204A 2018/1208-3

Lucía Armoa de Aquino

Y1673133N

PR204A 2018/1210-3

Carlos Rodríguez Alves

44446538G

PR204A 2018/1265-3

Ángel Rivas Pérez

36088288T

PR204A 2018/1278-3

Jesús Carrera Padilla

76732840X

PR204A 2018/1410-3

José Antonio Álvarez Rodríguez

34939531R

PR204A 2018/1512-3

Ramón González Corral

34921835S

PR204A 2018/1601-3

Fernando Álvarez Rodríguez

44448240G