Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial de Vilalba (Entrepinares), no concello de Vilalba (Lugo), promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U. (expediente 2018/0020).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 16 de maio de 2018, relativo ao proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial de Vilalba (Entrepinares), no concello de Vilalba (Lugo), promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón electrónica:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático