Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Silleda e a solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP no dita poboación, promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/16-0).

Para os efectos previstos no artigo 46 bis, nos seus puntos 1 e 8, da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Silleda (Pontevedra), así como autorización administrativa de peche da planta de GLP na dita poboación.

Descrición das actuacións:

• Instalación dunha planta provisional de GLP para realizar a transición a gas natural, formada por un depósito aéreo de 4,88 m3, con vaporizador interno, e que se situará ao norte do núcleo urbano de Silleda, no lugar de Prado Novo, na parcela con referencia catastral 36052K505004920000EO.

• Desconexión, inertizado e desmantelamento da planta de GLP existente no Polígono Empresarial de Transfontao (Silleda), nas parcelas de referencia catastral 36052A049005440000KS e 36052A049010120001L, formada por dous depósitos de 59,40 m3 de capacidade unitaria, sobre zapatas de formigón.

• Instalación dunha planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e conexión coa rede existente de GLP. Esta planta de GNL, que foi obxecto doutro expediente (IN627A 2017/23-0), situarase nas mesmas parcelas que o centro de almacenamento existente de GLP e realizará a subministración de gas natural en MOP 3,5 bar.

• Sectorización da rede existente de GLP (11 Uds.): instalación de 11 válvulas na rede existente de GLP, interconexionado da rede GLP para crear sectores adxacentes, cambio das características do gas GLP (propano) a gas natural, conversión a gas natural da rede de distribución de GLP existente en diversas rúas do municipio e aumento de presión da rede de distribución.

Concello: as solicitudes afectan o concello de Silleda, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: cento sete mil douscentos trinta e sete euros con un céntimo (107.237,01 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación desta resolución, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, 36071 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas