Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 25 de maio de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola dunha superficie de 8,30 ha das parcelas 44 do polígono 114 e 119 do polígono 115 do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 25 de maio de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola dunha superficie de 8,30 ha das parcelas 44 do polígono 114 e 119 do polígono 115 do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 5 de abril de 2018. O anuncio foi publicado no DOG núm. 93, do 16 de maio.

Lugo, 29 de maio de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo