Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28377

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 31 de maio de 2018

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o
Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

0,00 €

12.1.2018