Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28399

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO more uxorio (628/2017).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de more uxorio, seguido por instancia de Carla Lago Pérez fronte a Jonathan Besada Rodríguez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 170

Vigo, 4 de maio de 2018.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 628/2017, sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Carla Lago Pérez, representada pola procuradora dos tribunais Mónica Vidal Fernández e con asistencia letrada de Julia María Viso Martínez, contra Jonathan Besada Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Vidal Fernández, en nome e representación de Carla Lago Pérez, contra Jonathan Besada Rodríguez, declarado en situación de rebeldía procesual, e na cal interveu o Ministerio Fiscal, e fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúeselle á Sra. Lago Pérez e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Besada Rodríguez poderá estar e desfrutar da compañía do seu fillo cando ambos os proxenitores así o conveñan e, na falta de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para o seu fillo, o Sr. Besada Rodríguez aboará a cantidade de 140 euros ao mes, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe a nai para o efecto, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos do consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere o menor, entre os que se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social. Non teñen esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar, matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Jonathan Besada Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese ente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 11 de maio de 2018.

A letrada da Administración de xustiza