Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017517AL-PO por infracción en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017517AL-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Nuevas Formas de Comercio, S.L.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

A interesada realizou o ingreso mediante carta de pago voluntario da sanción; polo que, unha vez efectuado o pagamento, se dá por finalizado o expediente ao recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade na comisión da infracción.

De conformidade cos artigos 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xulio, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo) dispón do prazo de dous meses a partir da recepción desta notificación para presentar recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución ante o xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2017517AL-PO.

Interesada: Nuevas Formas de Comercio, S.L.

Documento de identificación: B27738038.

Último enderezo coñecido: mercado das Travesas Posto 11, rúa Espedrigada 11, 36210 Vigo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.