DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 221/2018-MAFC
Procedemento de orixe: sobre despedimento
Demandante: Elvira Bello Vilas
Procuradora: Delfina Pariente Pouso
Demandados: Gestio Illahotels, S.L., Fogasa
Avogado/a: letrado/a de Fogasa
Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento-DSP 221/2018-MAFC deste xulgado do social, seguido por instancia de Elvira Bello Vilas contra Gestio Illahotels, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se acordou citar a Gestio Illahotels, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 11 de xuño de 2018, ás 11.45 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírteselle que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.
Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.
Así mesmo, advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.
No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención á demandante, esta poida estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
Para que lle sirva de citación a Gestio Illahotels, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido esta cédula.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018
A letrada da Administración de xustiza