Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28509

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de maio de 2018 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17, convocados pola Orde do 7 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 33, do 15 de febreiro).

A Orde do 6 de febreiro de 2018 (DOG do 15 de febreiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17

Sol.

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. C.

Centro educativo

Importe

11730

Triñanes Costa, María

Hostalaría e Turismo

36020064

CIFP Carlos Oroza

850 €

10646

Rodríguez Fernández, Carlos

Informática e Comunicacións

15021482

IES San Clemente

850 €

10033

Regal Rodríguez, Jesús

Agraria

32014801

IES Cidade de Antioquía

850 €

11632

Matos Zas, Manuel

Actividades Físicas e Deportivas

15025116

CPR Santa Apolonia

850 €

11336

Canle Paz, Ángel

Enerxía e Auga

15005749

IES Universidade Laboral

850 €

9928

Cabrera Tilve, Isabel

Seguridade e Medio Ambiente

36007552

CIFP A Granxa

850 €

11429

Sánchez Palacio, Luna

Imaxe e Son

15027800

CIFP Imaxe e Son

850 €

11428

Oti Orozco, Juan José

Fabricación Mecánica

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €

11558

Portas Tato, Rosa María

Imaxe Persoal

36018173

IES de Teis

850 €

9737

Incera Ares, Ana Aránzazu

Sanidade

27013958

IES Monte Castelo

850 €

11932

Ginés Domínguez, Amparo

Servizos Socioculturais e á Comunidade

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

850 €

9727

Fernández Santos, Diego

Electricidade e Electrónica

15002591

IES Monte Neme

850 €

11030

Campos Casqueiro, Carmen

Téxtil, Confección e Pel

36013448

CIFP Manuel Antonio

850 €

11934

Rodríguez Santos, Sergio

Transporte e Mantemento de Vehículos

15014556

CIFP Coroso

850 €

11353

Villar Pazos, Cristina

Instalación e Mantemento

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €

11542

Pérez Barral, Fernando

Artes Gráficas

15021469

IES Leixa

850 €

11237

Aneiros López, Cristina

Edificación e Obra Civil

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

850 €

10647

Fernández Alonso, Esteban

Madeira, Moble e Cortiza

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

850 €

9730

Caeiro López, Jorge

Administración e Xestión

15027058

IES As Fontiñas

850 €

9828

López Edreira, Luis Fernando

Marítimo-Pesqueira

15005749

IES Universidade Laboral

850 €

10431

Villasante Vázquez, Estefanía

Comercio e Márketing

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

11727

Viturro Vidal, Alba

Industrias Alimentarias

15014556

CIFP Coroso

850 €

11345

Refojo Seco, Sara

Química

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €