Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios expedientes sancionadores por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en Galicia en materia de política industrial (expediente PO 17/2017-RAE e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo por medio deste anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 29 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

Expediente

Acto

Concello

C.P. Juan Bautista Andrade, 62

PO 17/2017-RAE

Resolución

Vigo

C.P. Pardillo, 1

PO 20/2017-RAE

Resolución

Vigo

C.P. Edificio A Ría, 42

PO 21/2017-RAE

Resolución

Poio

C.P. Camiño da Pousa, 3

PO 23/2017-RAE

Resolución

Vigo

C.P. Camiño da Pousa, 3

PO 24/2017-RAE

Resolución

Vigo

Horvicasas 2002, S.L.

PO 26/2017-RAE

Resolución

Vigo

C.P. Isabel II, 3

PO 28/2017-RAE

Resolución

Vigo

C.P. Isabel II, 3

PO 29/2017-RAE

Resolución

Vigo