Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de maio de 2018 de notificación de denegación de período de proba no expediente PON/287/2017.

Mediante Resolución do 30 de outubro de 2017 foi incoado expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen axustarse á autorización urbanística autonómica concedida pola Resolución do 30 de setembro de 2014, consistentes na construción dunha edificación para uso de adega no lugar de Morouzos, Penaguda, Dena, no termo municipal de Meaño, provincia de Pontevedra, en que se lles conferiu aos interesados un prazo de quince (15) días hábiles para que puidesen presentar as alegacións, documentos ou informacións que considerasen convenientes e, no caso de que non tivesen por certos os feitos descritos na resolución, propoñer proba concretando os medios de que pretendesen valerse.

Dentro do prazo conferido para o efecto, Begoña Blanco Míguez presenta escrito de alegacións e propón diferentes probas.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da denegación do período de proba a Begoña Blanco Míguez e Manuel Domínguez Méndez, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acto por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acordamos:

1. Dar por incorporada ao expediente a documentación presentada pola interesada, antes referenciada.

2. Rexeitar, consonte o disposto no artigo 77.3 da Lei 39/2015, a testifical proposta por ser innecesaria, xa que as declaracións do técnico de parte non desvirtúan os feitos probados e os fundamentos xurídicos recollidos na incoación deste expediente, onde se constata que as obras executadas non se adaptan á autorización urbanística da Comunidade Autónoma. Na visita de inspección realizada o 26 de xuño de 2017, púidose comprobar que as obras están paralizadas e sen rematar e non se axustan á autorización autonómica outorgada o 30 de setembro de 2014.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística