Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28582

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (555/2010).

María Teresa Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 4 de Cambados, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 555/2010 seguido por instancia de Escayolas y Aislamientos El Puente, S.L. fronte a Osframu 18, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo é o seguinte:

«Sentenza n.º 103/2012

En Cambados o 6 de setembro de 2012.

Vistos por min, Mª Carmen Bóveda Soto, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 4 de Cambados e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario, tramitados neste xulgado co número 555/2010 a instancia da entidade Escayolas y Aislamientos El Puente, S.L. representada e asistida respectivamente polo procurador dos tribunais Sr. Guillán Pedreira e o letrado Sr. González Cuenca, en substitución de Sr. Lois Bastida, contra Osframu 18, S.L., en situación procesual de rebeldía, en virtude da potestade que me foi conferida, e en nome da súa maxestade o rei procede ditar sentenza».

«Fallo que debo estimar e estimo a demanda formulada por Escayolas y Aislamientos El Puente, S.L. contra Osframu 18, S.L. e proceden os seguintes pronunciamentos:

Condénase a Osframu 18, S.L. ao pagamento á entidade actora Escayolas y Aislamientos El Puente, S.L., a cantidade de 6.662,82 euros en concepto de principal máis os intereses de demora procesual do artigo 576 da LAC dende a data desta sentenza ata completo pagamento.

Condénase a Osframu 18, S.L. ao aboamento das costas causadas neste procedemento.

Esta resolución non é firme. Contra esta cabe recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Osframu 18, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cambados, 6 de setembro de 2012

A secretaria xudicial