Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de caducidade da explotación Os Castelos número 57, na provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Granitos San José, S.L., con último enderezo coñecido en Valboa, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra), a resolución de caducidade da explotación Os Castelos número 57, na provincia de Lugo, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común da administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen conveniente.

Poderase acceder ao contido íntegro desta resolución no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, núm. 70, 27071 Lugo.

Lugo, 30 de maio de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo