III. Outras disposicións
Instituto Galego de Promoción Económica
CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se anula e se deixa sen efecto o cuarto prazo de solicitudes da convocatoria de 2018 das axudas reguladas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
BDNS (Identif.): 382278.
Advertido erro no extracto da dita Resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 109, do venres 8 de xuño de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 28376, no punto primeiro, onde di: «...establecido no punto segundo do resolvo da Resolución do 29 de xaneiro de 2018,...», debe dicir: «...establecido no punto segundo do resolvo da Resolución do 29 de decembro de 2017,...».