Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 29011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de maio de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Nuria Lojo Sampedro, en relación coa explotación de cafetaría-bar de servizo dos usuarios do porto de Ribeira, para legalización de instalación da terraza cuberta anexa (expediente 12-48-11-C-1).

Estase a tramitar unha modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Nuria Lojo Sampedro, para explotación de cafetaría-bar de servizo dos usuarios do porto de Ribeira, para legalización de instalación da terraza cuberta anexa, en virtude do Informe de estado actual da terraza de café-bar O Porto, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Dios Tomé, número de colexiado 2.166, o 24 de maio de 2016.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da marina mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, situadas na Avenida do Porto, número 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 15 de maio de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro