Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 29003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de maio de 2018, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 30 de maio de 2018

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Signatura

Titular

Domicilio

Concello

A Vella Escola

R-PO-003248

A Vella Escola, S.L.

As Arras, 9, Cabreira

Salvaterra de Miño

Novo

R-PO-000528

Segunda Solla García

Avenida Médico Ballina, 23

Pontevedra

Kebap King

R-PO-003097

Turkish Fast Food, S.L.

Rúa García Barbón, 151

Vigo

Stop

R-PO-001021

José Nogueira Alonso

A Casilla, Atios

O Porriño

Caba

R-PO-000980

Vicente Carrasco Díaz

Rúa Concepción Arenal, 14

Vilagarcía de Arousa

Nuevo Parada

R-PO-001761

Rosa Fernández Mariño

Rúa Pastora, 82

Vigo

La Cueva

R-PO-000709

José Benito Giráldez Paz

Estrada A Cañiza, Valeixe

A Cañiza

Villagarcía

R-PO-000290

José Estévez Martínez

Rúa García Olloqui, 3

Vigo

Casa Blanco

R-PO-000246

Socorro Suárez Domínguez

Rúa Portarraxoi

Pontecesures

Casa Pepe

R-PO-002412

María Isabel Rodríguez Domínguez

Rúa José Antonio, 22

Salvaterra de Miño

Amaretto

R-PO-002308

Margarita Castillejo Roso

Rúa Marqués de Quintanar, 8

Baiona

Casal

R-PO-00590

Aurelio Casal Abal

Estrada Noalla Caldas-Barrantes

Ribadumia

Sol y Mar

C-PO-000710

Carnicerías Miñor, S.L.

Monterreal, 11

Baiona