Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN661A 2014/1-1, no concello de Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Malpica, no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas do concello correspondente.

A Coruña, 1 de xuño de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Pemalsa.

Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico Malpica.

Concello: Ponteceso.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data de pagamento

Hora

119

Ponteceso

Jorge Manuel Suárez Veiga

5.7.2018

12.00

229

Ponteceso

Manuel Esmorís Castro

5.7.2018

11.30

275

Ponteceso

José Martelo Varela

5.7.2018

12.00