Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2017/99/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben porque, intentada esta, non se puidese efectuar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada que se indica no anexo no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente está á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificados. Advírteselles que, no prazo de quince (15) días desde o día seguinte ao da notificación do acto de trámite, este se terá por cumprido.

Lugo, 18 de maio de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2017/99/27.

Persoa interesada: Ionica Turcu.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 8 de maio de 2018.