Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de denegación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2017/00186).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal ás interesadas, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de denegación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 28 de maio de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/equivalente

OU-2017/00186

Axel Enrique Herrera Barreto

49711846Z

OU-2017/00186

Jhonnysbel Alondra Vargas Pérez

102583344