Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0143/2017-IUL e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o días seguinte.

Pontevedra, 31 de maio de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

INC-PO-0143/2017-IUL

Manuel Silva Juncal

Resolución

INC-PO-0010/2018-BIO

Manuel Modesto Portas Portas

Proposta de resolución

SAN-PO-0055/2017-IA

Daniel Couceiro Blanco

Resolución

SAN-PO-0060/2017-RE

Serafín Barros García

Resolución

SAN-PO-0007/2018-IA

Manuel Ángel Constenla Vázquez

Proposta de resolución