En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2015027971, ref. 2385.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de servizos.
b) Descrición do obxecto: recollida, transporte e tratamento de roupa, elementos téxtiles e calzado, mediante a instalación de contedores na vía pública.
c) CPV: 19620000-8.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.6.2017, 14.6.2017 e 27.6.2017.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Canon mínimo. Importe neto: 100 euros/ano por contedor. IVE: 21 euros. Importe total: 121 euros/ano por contedor.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 1 de marzo de 2018.
b) Data de formalización: 10 de marzo de 2018.
c) Contratista: Servicios Ecológicos Recuperalia, S.L.
d) Canon de adxudicación. Importe neto: 718 €/ano/contedor. IVE: 150,78 €. Importe total: 868,78 €/ano/contedor.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa e cumprir esta con todos os criterios de adxudicación, de conformidade cos informes técnicos.
Ourense, 11 de abril de 2018
Jesús Vázquez Abad
Alcalde