Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN635C 2017/64-2).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 5 de xuño de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

CIF/NIF

Núm. de expediente

Acto que se notifica

Construcciones Metálicas Ancares, S.L.

B27274307

IN635C 2017/64-2

Proposta de resolución