Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica á interesada para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-27/16, interposto contra a Resolución do 13 de xaneiro de 2016, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 36R002-343-2015, en materia de consumo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Ángeles González Burgos, en representación de E Innova B2B Technologies Solutions, S.L., co último domicilio coñecido na rúa Milanos, 8-43, 1º Pinto, Madrid, para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-27/16, interposto contra a Resolución do 13 de xaneiro de 2016, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 36R002-343-2015, en materia de consumo.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico II, Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Economía, Emprego e Industria. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistida da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria