Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais (expediente 10/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver a campaña publicitaria de cara a previr, sensibilizar e concienciar os galegos e galegas das consecuencias que derivan dos incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=236697

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2018.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 537.190,08 €. IVE (21 %): 112.809,92 €. Importe total: 650.000,00 €.

Valor estimado: 537.190,08 €.

5. Financiamento: fondos propios da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contratos:

a) Data de adxudicación: 23 de abril de 2018.

b) Adxudicataria: C Grupo de Empresas de Comunicación, Márketing e Investigación, S.A.

c) Importe de adxudicación: 528.763,57 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 29 de maio de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, tendo en conta os criterios de adxudicación establecidos no prego.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural