Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública o acordo do inicio do procedemento de extinción das concesións temporais de carácter experimental outorgadas á xa disolta Asociación Gallega de Mejilloneros (Agame).

Para dar cumprimento ás resolucións do 30 de maio de 2018, da Consellería do Mar, polas que se acorda o inicio do procedemento de extinción das concesións temporais de carácter experimental outorgadas á xa disolta Asociación Gallega de Mejilloneros (Agame), sométese a información pública os expedientes correspondentes ás ditas concesións e que a seguir se relacionan:

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 51 do polígono «A» do distrito marítimo de Cangas (batea Exp. Agame 51).

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 69 do polígono «D» do distrito marítimo de Cangas (batea Exp. Agame-Baiona).

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 72 do polígono «D» do distrito marítimo de Cangas (batea Exp. Agame-Vigo).

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 10 do polígono «D» do distrito marítimo de Portonovo (batea Exp. Testal 1).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar os expedientes e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica