De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou tentadas dúas veces as notificacións estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Mª Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 8 de xuño de 2018
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado polo |
PO-RES-2017-098 |
Alconte Vigo, S.L. |
Proposta de resolución |
Instrutor |
PO-RES-2017-121 |
Marco Antonio Celard Paderne |
Proposta de resolución |
Instrutor |