De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1450/2017-TRA e dous máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 5 de xuño de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-1450/2017-TRA |
Manuel Ángel Rego Gude |
52931540F |
Proposta |
A Xunqueira, 13, 1º B, Aguiño, Ribeira |
PSC-CO-0028/2018-PPM |
Severo Boullón Ronquete |
53481800S |
Proposta |
Corredoira de Luis Cadarso, 68, 4º, Noia |
PSC-CO-0078/2018-PPM |
Juan Manuel Pérez García |
52938776K |
Proposta |
Lugar de Rosaledas, Lampón, 8, Boiro |