Eu, Manuel Rodríguez Zarraquiños, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Verín, fago saber que no procedemento de divorcio contencioso 236/2016, seguido por instancia de Silvia Gan Meza contra Hernán Pereda López, en ignorado paradoiro, se ditou sentenza número 41/2017, cuxa resolución é a seguinte:
«Estimando a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Lucía Taboada González, en nome e representación de Silvia María Gan Meza, contra Hernán Pereda López, declarado en situación procesual de rebeldía, decreto a disolución por divorcio do matrimonio celebrado o día 23 de febreiro de 2008 formado por Silvia María Gan Meza e Hernán Pereda López, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.
Sen expreso pronunciamento en custas.
Firme que sexa a presente resolución, dedúzase testemuño dela e remítase ao Rexistro Civil Central co fin de que se proceda a anotala á marxe da inscrición de matrimonio dos cónxuxes.
Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal no libro de sentenzas. Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.
Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Hernán Pereda López, en ignorado paradoiro, expido este edicto para súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Verín, 8 de maio de 2018
O letrado da Administración de xustiza