Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29552

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 581/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 581/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Vilanova Casal e Mario Pazos Bendoiro contra Aplistone, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de dereitos e cantidades, ditouse a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Luis Vilanova Casal e Mario Pazos Bendoiro contra a entidade Aplistone, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Aplistone, S.L. a que aboe aos demandantes as cantidades que se especificarán, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros:

A Mario Pazos Bendoiro a cantidade de 5.550,07 euros brutos, por salarios devindicados entre xaneiro e abril de 2017, e compensación económica polas vacacións non gozadas.

A Luis Vilanova Casal, a cantidade de 3.835,56 euros brutos, por salarios devindicados entre xaneiro e marzo de 2017, e compensación económica polas vacacións non gozadas.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo salientar en concepto os seguintes díxitos 4757000065 e o número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aplistone S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza