Despedimento obxectivo individual (DOI) 773/2017
Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 773/2017
Sobre: despedimento
Demandante: Jorge Rodríguez Sánchez
Avogado: Pablo Manuel de Acosta González
Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa
Avogados: (…), letrado de Fogasa
Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 773/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Rodríguez Sánchez contra a empresa Aparcamiento Labacolla, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Jorge Rodríguez Sánchez, asistido polo letrado Sr. de Acosta González, contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia:
– Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 12 de setembro de 2017, e debo condenar e condeno a Aparcamiento Labacolla, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 43,88 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 9.357,41 euros por despedimento improcedente.
A opción por parte do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase entenderase que procede a readmisión.
– Debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.640,25 euros brutos polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado oitavo desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.
– Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65. Deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporaraos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.
A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018
A letrada da Administración de xustiza