Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29647

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de Plan especial de dotacións: equipamento asistencial Fudace, en Castro de Ribeiras de Lea.

A Alcaldía, mediante o Decreto número 184, do 18 de maio de 2018, e de acordo co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, aprobou inicialmente o expediente do Plan especial de dotacións: equipamento asistencial Fudace, en Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei), redactado pola arquitecta Gloria Trigo Mayor, con data de maio de 2018, e presentado por iniciativa de Luis Abelleira Mayor, en representación de Fundación de Dano Cerebral.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contados desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais da provincia, co fin de que durante o citado período as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do Concello, en Castro de Rei, das 10.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 4 de xuño de 2018

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde presidente