Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29669

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de xuño de 2018 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Culleredo.

O Decreto 56/2018, do 9 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 1 de xuño, crea o colexio de educación infantil e primaria de Culleredo.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 27.1.b) do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro), que atribúe a competencia para propoñer a creación, supresión e transformación, clasificación, autorización e organización de centros de titularidade pública á consellería competente en materia de educación, concretamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorízase a posta en funcionamento do centro identificado cos datos que figuran a seguir:

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: Rutis (Santa María).

Código postal: 15174.

Enderezo: avenida de Rutis, s/n.

Código do centro: 15033149.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Culleredo.

Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria