Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense (expediente PR204A 2018/681-3 e nove máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida da Habana, nº 79-1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, nº 79-1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 25 de maio de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/equivalente

PR204A 2018/681-3

Rodríguez González, José Luis

34967807X

PR204A 2018/919-3

Estevez Infiesto, Eduardo

22683759D

PR204A 2018/1074-3

Velo Lorenzo, Beatriz

34966902W

PR204A 2018/1442-3

Díaz Dablanca, Martín

33996298K

PR204A 2018/1443-3

Díaz Dablanca, Martín

33996298K

PR204A 2018/1461-3

Prado Rodríguez, Alfonso (tutor)

45166413W

PR2014A 2018/492-3

Sotelo Vázquez, Mª Teresa

34920487R

PR204A 2018/1538-3

Cid Rodríguez, José Ignacio

44476974B

PR204A 2018/1590-3

Sánchez Pascuala Quintero, Manuel

50477140Y

PR204A 2018/1675-3

Pérez Pérez, Alberto

44497198H