Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Monte Tourado-Eixe (expediente IN661A 2011/20-1).

A empresa Fenosa Wind, S.L. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Monte Tourado-Eixe, sito no concello de Vimianzo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

38

41

1032

Vimianzo

Aguiar Bermúdez José

Solicitude de utilidade pública

67

43

341

Vimianzo

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

106

41

1062

Vimianzo

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

107

41

1061

Vimianzo

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

108

41

1060

Vimianzo

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

163

43

65

Vimianzo

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

185

41

35

Vimianzo

Leis Pérez Concepción-Hdros.

Solicitude de utilidade pública

196

41

3

Vimianzo

Leis Pérez Concepción-Hdros.

Solicitude de utilidade pública

198

41

5

Vimianzo

Vázquez Santos Ramón

Solicitude de utilidade pública

201

41

780

Vimianzo

Trillo Caamaño Manuel

Solicitude de utilidade pública

176

41

112

Vimianzo

Ramos Mourelle Manuel-Hdros.

Repres.: Daniel Ramos Moreira

Solicitude de utilidade pública