Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29828

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Consellería de Facenda mediante ordes do 5 e do 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro, e núm. 49, do 9 de marzo) para cualificar o proceso selectivo que foi convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril) para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas como correctas das preguntas 81, 131 e 145 do cuestionario de acceso libre, pasando de: a), b) e b), respectivamente, a: d), d) e a), respectivamente.

Segundo. Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas como correctas das preguntas 51, 101 e 115 do cuestionario de promoción interna, pasando de: a), b) e b), respectivamente, a: d), d) e a), respectivamente.

Terceiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 47, 49, 75, 102, 110, 126, 142, 153, 155, 166, 167, 168, 170 e 171 do cuestionario de acceso libre, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 181,182,183,184 e 185.

Cuarto. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 17, 19, 45, 72, 80, 96, 112, 123, 125, 136, 137, 138, 140 e 141 do cuestionario de promoción interna, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 151, 152, 153, 154 e 155.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 7 de maio de 2018, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 15 puntos, fixándose en 86 o número de respostas correctas para alcanzar a dita puntuación na quenda de acceso libre e de 71 na quenda de promoción interna, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Sexto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Sétimo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, no lugar de realización do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Oitavo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Noveno. De acordo co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Décimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal