Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Empresarial de Laboratorios de Prótesis Dental de Galicia (Adelapga).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 5 de xuño, os estatutos da Asociación Empresarial de Laboratorios de Prótesis Dental de Galicia (Adelapga).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poden ser membros da asociación aquelas persoas que así o desexen e reúnan as condicións seguintes:

a) Ser empresarios ou autónomos dedicados á prótese dental, xa sexan persoa física ou xurídica.

b) Non estar inhabilitados por unha sentenza xudicial firme para o exercicio da actividade de protésico dental, nin ter sido condenados por intrusión profesional.

Asinan a acta de constitución: Belén Martínez Troncoso, Jesús Ricón Ricón e María Noya Varela.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego