Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da organización empresarial Logidigal.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 5 de xuño de 2018, os estatutos da organización empresarial Logidigal.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán ser membros aquelas persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan a súa actividade principal no ámbito do sector loxístico-portuario galego, que voluntariamente se adscriban a ela de conformidade co procedemento de admisión que se establece no artigo 7 e que se comprometan a cumprir co estipulado nos presentes estatutos.

Asinan a acta de constitución: Ramón Caride Román, Titus J. Van Lieshout e Antonio Viñal Casas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego