Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 321/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 321/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hermosinda Villasenín Louro contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., administrador concursal de Costura Invisible, S.L., administrador concursal de Deus Creaciones, S.L. e Confecciones Deus, S.L., administrador concursal de Confecciones Fraga, S.L., administrador concursal de Confecciones Ideal, S.L., administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., o Fogasa e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decido que debo estimar e estimo as demandas que, en materia de resolución de contrato e despedimento, foron interpostas por Hermosinda Villasenín Louro contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3 de abril de 2017, e ademais extinguida a relación laboral que vinculaba a Hermosinda Villasenín Louro coa entidade Shivshi, S.L., no día de hoxe (26 de outubro de 2017), e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Puntada Elaborada, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 11.774,94 euros, e salarios de tramitación devindicados entre o 4 de abril e o 26 de outubro de 2017, a razón de 37,59 euros día, o que supón a cantidade de 7.300,64 euros brutos.

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Hermosinda Villasenín Louro contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Puntada Elaborada, S.L. a que aboen á demandante a cantidade de 5.774,55 euros líquidos, por salarios devengados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e xaneiro a marzo de 2017, e liquidación, así como o xuros do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que, en materia de resolución de contrato, despedimento e cantidades, foi interposta por Hermosinda Villasenín Louro fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L. e Confecciones Ideal S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., ás cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. As devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo salientar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza