Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 5 de xuño de 2018 pola que se lles notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria, pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia en que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: OR 20IV76 conta 85.

Nome: comunidade hereditaria de Luís Alonso Rodríguez con DNI XXXXX611 e Alfonsina González Taín con DNI XXXXX774.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil), á comunidade hereditaria de Luís Alonso Rodríguez e Alfonsina González Taín da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1982 ao Instituto para a promoción pública da vivenda por Luís Alonso Rodríguez e Alfonsina González Taín.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.