Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30040

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolucion do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código do procedemento IN854A).

Advertido erro na Resolución do 21 de maio de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 27210, no artigo 34.2.b) 2, no cadro correspondente a Solvencia financeira, onde di:

Subcriterio

Valor

Puntuación

1.3. Cociente entre o orzamento solicitado para a execución do proxecto e os fondos propios

Maior ou igual a 2

0

Menor que 1

1

Debe dicir:

Subcriterio

Valor

Puntuación

1.3. Cociente entre o orzamento solicitado para a execución do proxecto e os fondos propios

Maior ou igual a 1

0

Menor que 1

1