Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

No citado acordo dáselle audiencia á interesada para alegacións polo prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio, durante o cal poderá achegar a documentación e propor a proba que conveña ao seu dereito.

O expediente relacionado está á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, sita na avenida da Habana, 79-1ª planta, 32872 Ourense.

Ourense, 31 de maio de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada

DNI

Corpo

Natividad Araújo Martínez

34918381B

Auxilio xudicial