Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial con condicións do Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso, en Perillo (expediente FG 614).

Por Resolución desta Alcaldía nº 2323, do 6 de xuño de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso, en Perillo (documento nº 6107, do 3.4.2018).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 8 de xuño de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente