Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30123

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas por Resolución do 29 de decembro de 2017, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (SI427A).

Mediante Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2018 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I pola contía resultante logo da aplicación do establecido no artigo 5.6 das bases reguladoras, por un importe total de 1.580.700,27 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a seguir:

Aplicación

Código proxecto

Importe

05.11.313B.481.2

2015 00142

1.580.700,27

Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, a través do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9 (promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación), prioridade de investimento 9.3 (a loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades), obxectivo específico 9.3.1 (aumentar a integración socio laboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando á súa vez a discriminación múltiple).

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 11.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 14.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Quinto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Sexto. De conformidade co artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións esixidas na Resolución do 29 de decembro de 2017.

Sétimo. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 17.1 das bases reguladoras, é o 11 de outubro de 2018.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67 e 68 do Regulamento (UE) 1303/2013 e no artigo 14 do Regulamento (UE) 1304/2013, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

Oitavo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 19 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

– Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamentan a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos na Resolución do 29 de decembro de 2017, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

– Manter unha pista de auditoría suficiente, dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, e manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante, polo menos, un período de tres anos, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondo Europeos.

– Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos á actuación e actividades subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

En todo caso, nos espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea coa referencia ao Fondo Social Europeo; e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias ou participantes.

– Adecuar a metodoloxía de recolla e proceso de datos de seguimento e de acreditación da realización da actividade de persoas beneficiarias ás fórmulas requiridas a través da aplicación Participa 1420, realizando as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Neste senso, na súa cobertura deberá respectarse o principio de integridade dos datos.

Os datos dos indicadores de produtividade relativos ás entidades e ás persoas participantes referiranse ao momento inmediatamente anterior á súa participación no programa dentro do período subvencionable, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse á situación dentro das catro semanas seguintes á finalización da súa participación nese período. Así mesmo, a Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, facilitarase ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación Participa 1420.

Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos do perfil cos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes na aplicación Participa 1420. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento cos indicadores de produtividade, máis a dos de resultado inmediato de cada unha das persoas participantes, asinada pola participante e pola persoa responsable da entidade, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

– Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal vixente. Os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións subvencionadas incorporaranse ao ficheiro de datos de carácter persoal da Secretaría Xeral da Igualdade a que se refire o artigo 25 das bases reguladoras. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos de carácter persoal, e a entidade beneficiaria da axuda será a responsable de recadar e custodiar a dita documentación.

– Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

– Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

– Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas con Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Noveno. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Nº expte.

Entidade solicitante

(por número de expediente)

NIF

Denominación do programa

Nº total de horas imputadas ao programa

Nº mínimo de usuarias

Nº mínimo de usuarias atención continuada

Ptos.

Importe da concesión

SI427A 2018/01

Axuda, Atende e Acolle (Axatac)

G70442561

Alfabetización II

1.720

40

24

30

11.956,44

SI427A 2018/02

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol)

G15745466

Reinvéntate, programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

876

20

12

63

13.451,89

SI427A 2018/03

Alar Galicia

G15775901

Súmate 2017-2018: programa integral de apoio a mulleres monoparentais

1.720

40

24

73

28.016,07

SI427A 2018/04

Fundación Érguete Integración

G36861078

Proxecto E.V.A. (Emprego-Visibilidade-Autonomía)

1.910

44

26

73

30.794,44

SI427A 2018/05

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

Programa Apico 2017-2018: plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero

1.950

46

28

67

31.143,92

SI427A 2018/06

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2017-2018

1.000

23

14

80

19.851,19

SI427A 2018/07

Asociación de Viudas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

1.060

25

15

51

13.072,93

SI427A 2018/08

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Recursos integrais para mulleres vulnerables

1.920

45

27

65

30.626,75

SI427A 2018/09

Alume Saúde Mental

G27198977

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade con enfermidade mental

1.720

15

15

72

27.976,83

SI427A 2018/10

Asociación Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral dirixido a mulleres con discapacidade intelectual e Síndrome de Down

537:30

13

8

59

9.052,18

SI427A 2018/11

Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

440

10

6

53

6.675,51

SI427A 2018/12

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur)

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade

1.747

41

25

56

24.094,33

SI427A 2018/13

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompañamento social a mulleres en situación de exclusión social

2.580

60

36

49

28.870,85

SI427A 2018/14

Mulleres en Igualdade de Burela

G27441153

PRIAPE para mulleres en situación de vulnerabilidade. Muller: o teu traballo, a túa liberdade

2.572

60

36

81

40.000,00

SI427A 2018/15

ONG Mestura

G15940414

Neneiras

1.984

46

28

77

36.014,05

SI427A 2018/16

Aliad Ultreira

G27021120

Aliadas

1.905

44

26

77

34.857,83

SI427A 2018/17

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

Mulleres teimudas: apoio na etapa adulta ás mulleres coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

644

15

9

57

10.308,57

SI427A 2018/18

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

Autodeterminación e empoderamento para a igualdade de mulleres con discapacidade intelectual

1.494

35

21

22

6.825,61

SI427A 2018/19

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

Actívate

528:30

12

7

51

7.521,41

SI427A 2018/20

Viraventos

G70136429

A.S.I. proxecto para acompañamento social integral a mulleres inmigrantes con fillos/as de 0 a 3 anos

800

19

11

57

12.263,87

SI427A 2018/21

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais III

550

13

8

55

9.051,89

SI427A 2018/22

Adicam.-Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama

G36380301

Programa de empoderamento destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade

917

21

13

77

18.346,37

SI427A 2018/23

Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

G36642726

Mírate: programa de intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres privadas de liberdade

1.121

26

16

77

21.755,62

SI427A 2018/24

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes e/ou lactantes con nenos/as menores de dous anos

1.720

15

15

79

31.844,59

SI427A 2018/25

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Coidando de min II

668

16

10

44

7.308,36

SI427A 2018/26

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

1.710

40

24

79

31.677,47

SI427A 2018/27

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

953

22

13

63

14.417,01

SI427A 2018/28

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Servizo Nós Mesmas: orientación, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral a mulleres LBT

966

22

13

47

11.934,14

SI427A 2018/29

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Punto Delas

2.911

68

41

59

38.801,62

SI427A 2018/30

Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia

G15258213

Programa educativo-terapéutico para a inserción sociolaboral de mulleres drogodependentes

1.720

15

15

71

27.937,59

SI427A 2018/31

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

Senectus III

600

14

8

30

4.937,40

SI427A 2018/32

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

Programa Daleth 2017/2018 para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: Volvoreta II

1.600

37

22

63

22.123,89

SI427A 2018/33

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres das comarcas de Muros, Noia e Barbanza

645

15

9

64

10.595,78

SI427A 2018/34

Fundación Ronsel

G15752660

Xerentas, o empoderamento da muller a través do emprendemento e da economía social

645

15

9

39

6.919,97

SI427A 2018/35

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres, discapacidade e prevención de maltrato

1.392

32

19

52

16.579,91

SI427A 2018/36

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

2.685

62

37

77

40.000,00

SI427A 2018/37

Asociación Educando en Familia

G27437581

Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillos ou fillas menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade

1.203

28

17

62

17.511,27

SI427A 2018/39

Asociación Integrados

G15973357

Servizo de formación e integración para mozas con discapacidade intelectual

884

21

13

42

7.387,00

SI427A 2018/40

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro)

G32237869

Femuro concilia e emprega

1.912

44

26

87

39.311,05

SI427A 2018/41

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

PIMD rural

1.914

45

27

75

34.929,76

SI427A 2018/42

Asociación Down Coruña

G15731466

Espazos de escoita

135

3

2

41

2.736,89

SI427A 2018/43

Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

Servizo de atención a mulleres (S.A.M.)

1.311:14

30

18

42

12.604,73

SI427A 2018/44

Cáritas Diocesana de

Santiago-Interparroquial A Coruña

R1500053B

Programa materno-infantil

1.720

15

15

42

16.020,39

SI427A 2018/45

Asociación Xarela

Formación-Animación

G32261307

Valor-es

960

22

13

70

16.784,87

SI427A 2018/46

Down Pontevedra Xuntos

G36164887

Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da Síndrome de Down e discapacidade intelectual

860

20

12

69

15.283,33

SI427A 2018/47

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

Programa de empoderamento e atención integral ás mulleres do rural

559

13

8

66

10.764,09

SI427A 2018/48

Fundación Juan Soñador

G24452435

Proxecto de atención psicosocial e xurídica para mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade

516

12

7

42

5.959,77

SI427A 2018/49

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

OIGO. Programa integral de empoderamento e autoestima para mulleres con diversidade funcional

731

17

10

48

9.518,81

SI427A 2018/50

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.118

26

16

78

21.744,73

SI427A 2018/51

Saúde Mental FEAFES Galicia

G15545353

Atención integral a mulleres con enfermidade mental en situación de vulnerabilidade

2.037

47

28

77

37.063,81

SI427A 2018/52

Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais VI

1.915

45

27

80

35.142,67

SI427A 2018/53

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

Fortalecemento de capacidades persoais e sociais das mulleres do colectivo Down da provincia de Lugo

1.505

35

21

55

21.021,86

SI427A 2018/54

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

3.370

78

47

61

40.000,00

SI427A 2018/55

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

G32362279

Servizo de apoio ás mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.118

26

16

83

21.940,93

SI427A 2018/56

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

Coñece os teus dereitos e obrigas

756

18

11

37

7.769,02

SI427A 2018/57

Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Ammupesca)

G70490115

Conciliamar

576

13

8

24

3.348,29

SI427A 2018/58

Fundación CUME para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

CUME atención integral a mulleres (CATIM)

981

23

14

43

9.884,55

SI427A 2018/60

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

G36802536

Ti podes

1.440

33

20

71

23.843,15

SI427A 2018/61

Asociación Menthor

G94151602

Muxela

840

20

12

56

12.725,99

SI427A 2018/62

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

Nais e fill@s

1.914:47

45

27

73

30.864,38

SI427A 2018/63

Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral no ámbito da saúde mental para mulleres do rural

1.010

23

14

75

19.822,11

SI427A 2018/64

Patronato Concepción Arenal

G15030372

II Programa mediación en mobilidade humana para mulleres usuarias da casa de acollida Patronato Concepción Arenal

2.900

26

26

63

38.820,71

SI427A 2018/65

Asociación Diversidades

G27783950

AM Drepturi

650

15

9

65

12.055,54

SI427A 2018/66

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

Agarimo III

1.062

25

15

62

15.743,98

SI427A 2018/67

Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES)

G32383549

Ser muller.es

160

4

2

54

3.342,40

SI427A 2018/68

Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención especializada e grupal de mulleres coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual

1.720

40

24

73

28.016,07

SI427A 2018/71

Asociación Penitenciaría Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre, intra e post penitenciaria

1.850

43

26

74

29.956,30

SI427A 2018/72

Asociación Centinelas

G70390745

100 % muller 2018

1.928

45

27

56

25.957,56

SI427A 2018/73

Asociación de Empresarias de Galicia

G27826999

Escola de formación Ilusionadas

30

1

1

13

626,70

SI427A 2018/74

Acción Laboral

V09409749

Proxecto Boudica I

2.400

56

34

54

27.186,95

SI427A 2018/75

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Por elas

960

22

13

60

14.387,03

SI427A 2018/76

Federación EFA Galicia

G15299357

Mulleres con proxecto

1.266

29

17

55

18.026,23

SI427A 2018/77

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Proxecto Importas

1.409

33

20

48

16.600,52

SI427A 2018/78

ACADAR. Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Programa Mergúllate

1.914

45

27

80

35.125,96

SI427A 2018/79

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

1.965

46

28

71

31.357,13

SI427A 2018/80

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

G15414667

Programa Silvia

1.075

25

15

62

15.750,34

SI427A 2018/81

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

Servizo de atención a mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.118

26

16

83

21.940,93

SI427A 2018/82

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

1.280

30

18

57

18.280,19

SI427A 2018/83

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Proxecto nais e fillos/as

910

21

13

67

15.936,00

ANEXO II

Solicitudes denegadas e desistidas

Nº expte.

Entidade

NIF

Programa

Causa inadmisión/denegación

SI427A 2018/38

Federación Alzheimer Galicia

G15656739

Obradoiros de igualdade Coidadores

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non acredita estar inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2018/59

Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS)

G15031537

Mulleres visibles

Artigo 11.1 das bases reguladoras: non emenda toda a documentación requirida mediante a Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85, do 3 de maio).

SI427A 2018/69

Asociación Socioeducativa para la Educación (Aseduc)

G70067830

Habilidades persoais, sociais, educativas para a mellora de emprego con mulleres en situación de vulnerabilidade

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non acredita estar inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2018/70

Almat, Asociación de Loita contra os Malos Tratos

G15717721

Terapia de grupo saúde nas mulleres

Artigo 11.1 das bases reguladoras: non achega a documentación requirida mediante a Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85, do 3 de maio).

SI427A 2018/84

Asociación Sustinea

G32422834

Construíndo futuro

Artigo 7.1 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo.

SI427A 2018/85

Asociación Valoresc Innovation

G70377585

Punto Galicia Muller

Artigo 7.1 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo.

SI427A 2018/86

Fundación Mujeres

G80974702

Mulleres laborando

Artigo 7.1 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo.