Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de xuño de 2018 de modificación da Resolución do 12 de abril de 2018 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante permuta, de terreos, para o desenvolvemento dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 14 de xuño de 2018, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro.

Na páxina 29229, onde di: «Primeira. Modificación do punto I) «Requisitos das parcelas de orixe», no relativo á localización na data de adquisición da parcela, que queda redactado co seguinte texto:», debe dicir: «Primeira. Modificación do punto I) «Requisitos das parcelas de orixe», no relativo á localización e á data de adquisición da parcela, que queda redactado co seguinte texto:».